02/04/15

MOITAS CULTURAS... UNHA HISTORIA



Baixo o lema “Moitas culturas, unha historia”, a escritora Marwa Obaid Rashid al Aqroubi é a autora deste texto que conmemora do Día Internacional do Libro Infantil 2015: 
Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes,
mais compartimos as mesmas historias.
Historias internacionais… historias tradicionais.
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutable…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versión de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un héroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes, nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo
Argumento
E fin
Sempre ese héroe… esa princesa e ese vilán inmutables durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únenos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia