30/01/15

ACHÉGATE ÁS ACTIVIDADES

 Esta fin de semana, con motivo da celebración en Galicia do Día da Ilustración —instituído oficialmente o ano pasado, tomando como data o 30 de xaneiro, aniversario do nacemento deCastelao—, van celebrarse varios actos e actividades organizados ou participados pola AGPI, en Vigo e na Coruña: actividades formativas, mesas redondas, propostas de debuxo ao vivo, exposicións ou xogos, que inclúen novas edicións do Drink & Draw ou do Combate de Debuxantes, así como sesións de Pictionary, mercadiños ou un Ilustratón.

29/01/15

Galicia pinta moito: 50 ilustradores galegos actuais

A revista Dot busca financiamento para a publicación dun libro que recolle as obras de 50 ilustradores e ilustradoras galegas do momento. 50 ilustradores gallegos actuales: Ilustradots, trátase -segundo destacan os seus promotores- "do primeiro libro recompilatorio de ilustración galega actual", que demostran "que a ilustración galega está a pasar por un período dourado no que se atopa unha xeración envexable de artistas".

28/01/15

Os adultos tamén temos un Club de Lectura no IES Elviña

E comezaremos cunha novela de Marta Sanz, proposta por unha das integrantes. O libro en cuestión é Black black black e pertence ó xénero de novela negra (como indica o título) un pouco excéntrica. Xa vos iremos contando as nosas impresións.


Engadimos unha charla que deu na Coruña nos Encontros cos escritores e coa cal engaiolou a moitos e a moitas.

12/01/15

NO PAÍS DAS MARABILLAS

A historia de Alicia comeza no xardín, coas clases que lle dá a súa irmá maior, pero Alicia non lle presta ningunha atención. A rapaza xoga coa súa gatiña Diana e imaxina como sería un mundo creado por ela cando cae durmida. De súpeto, ve un coello branco cunha chaqueta e un reloxo. Aínda que nun principio non lle chama a atención, finalmente sae na súa busca. O coello entra nun tobo, Alicia ségueo e cae nun buraco.
Así chega ao País das Marabillas, onde se encontra cunha serie de personaxes moi peculiares: o paxaro Dod, a lebre de marzo e o sombreireiro tolo, unha eiruga que fuma en pipa... e vese involucrada nuns divertidos eventos como unha festa de “non aniversario” ou un partido de críquet coa malvada raíña de corazóns. Finalmente, Alicia esperta ao lado da súa irmá, a que lle di que xa é hora de volver á casa.
Interesante síndrome
Personaxes

10/01/15

09/01/15

RETRATO ROBOT DOS HÁBITOS DE LECTURA



TEMPO PARA LER?
CANTOS?
POR QUE NON LEN?
POR QUE LEMOS?
ONDE LEMOS?
LIBRO ELECTRÓNICO?