22/12/15

ELVIÑA CELEBRA O NADAL

preme na imaxe
para ver o video

17/12/15

Feliz inverno!

Queremos desexarvos feliz inverno, felices tempos de lecer e lecturas e feliz solsticio (Sol Invictus)!!!





27/11/15

MIGUEL RODRÍGUEZ

                                                                   

A Coruña,18-11-15
Ola Anxo Fariña :
Escríboche esta carta para dicirche o fascinante que me pareceu o teu libro que,despois de moi poucos días de lectura debido a que me gustou moito, acabei hai moi pouco de ler.
O teu libro pareceume uns dos mellores libros de aventuras, os personaxes, parecían sacados dun videoxogo, cada un tiña o pelo de distinta cor que facía xogo coas siglas deles, os Megatoxos, que levaban postas cada un nun lado da súa roupa.
Empeceino a ler por unha recomendación da miña profesora de lingua, e deseguido quedei marabillado pola súa gran historia, as ilustracións tan orixinais, a súa ambientación na era na que viviron os celtas, amosando algúns dos seus costumes, os diálogos parecéronme tamén moi bos, e gustoume moito o uso que lles destes a palabras modernas como "tío" que utilizaches neles.
Sen dúbida a parte que máis me gustou foi na que vencen definitivamente a Drunxel, e en concreto o uso científico dos cambios da auga que utilizaches.
Bicos e apertas sen pulgas de Ruxe
Miguel.
P.D.:Estou desexando empezar a ler a segunda parte dos Megatoxos

05/11/15

Letras e música

En Elvilandia gústanos a mestura de letras e música. Pareceunos maxistral o programa do pasado 18 de outubro sobre o clasicismo musical, o amor, os enredos... "Cosí fan tutte". Para que poidades disfrutar deste placer deixámosvos un enlace directo para que investiguedes e vos deixedes sorprender...


21/09/15

PREMIO BLANCO AMOR 2014


«Na novela quería falar de como son os totalitarismos e como se vive o ascenso do fascismo»



17/08/15

16/08/15

Orfos de Chirbes

Para moitos de nós era o mellor escritor español desta época. Agora déixanos orfos, devecendo polos seus libros que xa non serán escritos, pero marabillados por todas as xoias que nos deixou e admirados pola súa doce, silenciosa e poderosísima personalidade. Queremos imaxinar a Chirbes nun Universo paralelo (probablemente parecido a un pobo do Mediterráneo) escribindo ó seu ritmo e acompañado dos seus seres queridos e dos seus cans, afastado da algarabía destes mundos confusos.


Deixamos neste blog as palabras de Muñoz Molina e de Juan Cruz como testemuña do seu extraordinario valor. Queda tamén algunha das escasas entrevistas que se viu obrigado a conceder ós medios de comunicación:

A morte é a curva da estrada,
Morrer é só não ser visto.
Se escuto, eu te oiço a passada
Existir como eu existo.

A terra é feita de céu.
A mentira não tem ninho.
Nunca ninguém se perdeu.
Tudo é verdade e caminho.
(Pessoa)

13/06/15

Carolina e Ana Cristina comentan a súa participación en ELVILENDO




                               


Non só lemos; encontrámonos con escritores,  ilustradores, músicos e poetas, facemos excursións literarias cargadiños de libros, viaxes virtuais  e físicas ao pasado e presente,  enchemos os corredores, soto e as aulas de poesía... 
Vaia, que non paramos! 
Fainos caso ... o próximo curso, non o dubides, vén connosco e descubriras todos os camiños da literatura. Esperámosvos.  

12/06/15

Viaxamos a calquera lugar

Axudándonos dos libros podemos ir onde queiramos. Os lectores do Club de Linguas Clásicas quixemos plasmalo con fotos...






10/06/15

O asalto definitivo da Xeración do Novo Século



 O escritor Héctor Cajaraville gañou o Premio Xerais de Novela 2015 coa obra "De remate", mentres que a narradora Érica Esmorís recibiu o Merlín de Literatura Infantíl pola obra "Nena e o mar". Ademais, "Europa Express", de Andrea Maceiras obtivo o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

03/06/15

Dúas poetas: Lucía Aldao e María Lado

Levounos un pouco de tempo pero por fin temos un documento gráfico digno do recital poético con que nos agasallaron Lucía e María. Grazas a Carlos aquí o temos:


30/05/15

27/05/15


Un libro-disco ambientado en 2050 nunha Galicia na que o inglés é lingua cooficial. A peza, autoría de Mark Wiersma e Miguel Mosquera Fociños e ilustrada por Iván Sende, céntrase na historia de Sira, unha nena de 10 anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa que non remata de atopar o seu lugar nesta moderna sociedade.

16/05/15

Asistimos a un taller de banda deseñada e disfrutamos dun concerto poético

O venres 15 de maio xuntámonos os clubs de lectura iunior de Monelos, Monte das Moas, Zalaeta, Agra, Rafael Dieste e nós Elviña no Ágora. Asistimos a un taller de banda deseñada impartido por José Domingo; o artista explicounos o proceso creativo desde os seus inicios: idea xeral, confección do guión, bocetos, debuxos iniciais e entintado dos mesmos, coloreado e revisión final. E non só iso; ofreceunos unha primicia mundial: os bocetos do seu novo libro sobre un par de rapaces aventureiros (Pablo e Jane) que vai ser publicado en outubro. Agardamos impacientes. Mentres tanto se queredes ver varios dos seus debuxos podedes facelo aquí...




Non acaba aquí o conto: volvemos disfrutar da poesía e da música de Lucía Aldao e María Lado; ofrecéronnos o seu espectáculo "Con cen poemas por barba". Xa somos fervorosos seguidores deste marabilloso dúo:


E no Ágora participamos na fotomontaxe do día das Letras Galegas: