20/05/14

UNHA GRATA EXPERIENCIA

Cada día síntome máis orgullosa de formar parte do alumnado do IES ELVIÑA. E, cando digo isto, é por unha razón de peso. O pasado xoves, 15 de Maio, contamos coa presenza dun escritor galego coñecido sobre todo pola súa novela "Os fillos do mar". El é Pedro Feijoo.

En primeiro lugar, mostrounos algunhas facetas da súa traxectoria que descoñecíamos. Ademais de adicarse á escritura, tamén foi membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz Lamatumbá. Pero iso deixou de ser importante para poder centrarse de cheo na literatura, xa que é un longo camiño debido ós prexuízos que existen contra a literatura galega.

Posteriormente, algúns alumnos (ademais de Elviña, había tamén lectores de Carballo e do Urbano Lugrís) fixéronlle varias preguntas dende a súa vida ata as súas obras, unha desas cuestións foi que para escribir tes que sentir algún tipo de paixón ou algo no que te vexas reflexado para poder transmitilo. 
Así que Pedro respondeu con claridade e dixo que, por exemplo, en Os fillos do mar quería deixar a constancia do peso da memoria da historia; a través do protagonista (Simón Varela)  rescatou a historia da cidade de Vigo e das súas construccións. 
Outra pregunta foi en quen se inspirara para escribir as súas novelas. Dixo que en varios autores importantes da historia da literatura galega, como Rosalía; pero, sobre todo, en Eduardo Mendoza e Suso del Toro. 
Ademáis, tamén nos contou que na súa primeira novela (Os fillos do mar) non quería escribila cunha trama que podía ubicarse en calquera parte da xeografía española, senón todo o contario: construír unha trama que só sucedese en Galicia, utilizando uns referentes galegos, para darlle unha aparencia de novela áxil, entretida, pero cunha historia e cuns referentes nosos. 
 Laura Sabugo, 1º bacharelato
 Aquí tedes o vídeo (grabado polo noso Carlos) que da fe da crónica.