30/04/14

OS TEMPLARIOS DA LUZ

Aprezado Anxo Fariña: 
Escríbolle esta carta porque o seu libro gustoume moito. É moi interesante a mestura entre ficción e realidade. Por veces parecíame estar vendo  unha serie de debuxos animados na televisión. Eu recoméndollo a calquera porque podes botar a tarde lendo sen parar e divertíndote moito. Para rematar só me falta dicir que é o libro de ficción que máis me gustou en moito tempo e que estou disposto a seguir lendo as aventuras de Lúa, Ezbel, Ruxe e Ninfa e coñecer como utilizan os seus poderes.
Iago Nuñez Tizón 2º A

29/04/14

E SE LLE CAMBIAMOS O FINAL ?

Cando os Megatoxos e os xemelgos volven do pasado, aparecen en medio dunha avalancha, pero sans e salvos. Ninfa alégrase tanto de que Faísca siga vivo que o abraza agarimosamente, o mesmo pasa con Lúa e Ezbel, con Exeria e Ruxe (aínda que este último estaba un pouco desorientado). Cando se encamiñan cara onde estaban o profesor Burela e a profesora Larafuzas, Ninfa e Faísca retrásanse un pouco e comezar a susurrar:
- Alégrome tanto de que esteamos ben, pensei que morría naquel cacharro. ..
- Non pasa nada - contesta Faísca-  o máis complexo foi decidirme  a disparar a máquina sabendo que había vidas dentro. Pero, ao fin e ao cabo, é o que ti farías.
Dito isto último, colléronse das mans  e achegaronse onde os demais agardaban ansiosos volver ao hotel. Pero na mente de Ninfa había moitas preguntas sen resposta.

Cynthi Rodríguez Sagra

28/04/14

CAMBIANDO O FINAL DA HISTORIA

Coa axuda do poboado e de Gael, o diaño líquido evaporárase. Lúa e Faísca estaban esgotados polo esforzo tan grande que fixeran. Esa noite o xefe do poboada montara unha festa para agradecerlles aos "deuses" megatoxos a súa axuda e todo transcorría tranquilamente pola vila mentres se preparaba o festín, e os Megatoxos descansaban nunha casa que lles prepararan.
E daquela.... alguén entrou na cabana do xefe do poboado. Si, era o druída mestre que volvera e estaba curado. Non podía crer o que viu: o poboado sen portas que os protexeran, dado que no seu lugar só quedaban cinzas; nos arredores , fóra da muralla, todo mollado e cheo de pegadas e cráteres, debido á loita  con Drunxel... Ninguén se decatara da chegada do druída e, cando entrou na cabana do xefe, esixiulle explicacións para todo o que acababa de observar. Contoulle o xefe todo canto pasara e, despois de rifar con Gael polo esconxuros, falou cos supostos "deuses megatoxos" e unha vez todo aclarado, o druída uniuse á festa. Ao día seguinte os Megatoxos volveron ao presente.
Adrián Méndez Espasandín 2º A

26/04/14

ALÁ IMOS... A VOAR FÓRA DO NIÑO

Celebramos O día do libro saíndo ás redes sociais. 
estamos en contacto

20/04/14

Actividades para o Día do Libro 2014

Un ano máis as Bibliotecas Municipais da Coruña non podemos deixar que pase o 23 de Abril sen honrar como se merece ó libro e a lectura. Este ano, ademáis de adicar un especial á literatura en galega, onde recomendamos libros e autores contemporáneos que podedes atopar nas nosas bibliotecas, imos volver demostralo coas seguintes actividades que se desenvolverán nas nosas bibliotecas.
Le+ 

12/04/14

A escritora Anxos Sumai estrea web

09/04/14

A VITORIA DO PERDEDOR

Despois de ler e comentar entre nós a novela A vitoria do perdedor, a semana pasada recibimos a visita de Manuel Monge -primeiro presidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña-. A novela abriunos os ollos a unha situación social pouco coñecida por nós como foi a represión sufrida pola sociedade nos anos seguintes á guerra do 1936. Entre outras cousas, Jéssica seleccionou unha frase que indica o sentido da obra: "A forza chámase dereito cando está administrada polo Estado e delito cando é o individuo quen a administra".
Pois ben, por medio da visita de Monge descubrimos que a nosa cidade sufriu unha forte represión (el foi un exemplo) e que neste momento hai un grupo importante de persoas que non queren esquecer o pasado para que non se volva a repetir. De aí os monumentos que hoxe se asentan na zona do Portiño ou no Campo da Rata.

02/04/14

Desde a infancia... entre libros

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.