25/12/12

VIOLETA TAMURANA

Fai uns días acabei de ler o libro do noso club de lectura, Violeta tamurana. Neste, o protagonista, Pao, ten que viaxar dende Tamurana, a terra onde nacen as tamuras, ata ó continente dos Luminosos para atopar o seu tío Cairo, o que, ao xuntarse cos Luminosos e observar as súa cor branca, olvidara por completo as súas raíces e a cor da súa pel, o violeta.


Neste novo continente, Pao aprende un novo idioma e acostúmase ás novas normas. Ademais, dáse de conta de que, alí, os habitantes de Tamurana estaban moi mal vistos e que a súa cor violeta lles daba noxo. Aínda que todo isto era producido por unha droga que o goberno lles daba ós estudantes e a xente nova.

Tamén, nestas novas terras, Pao coñece a Alén, que era a filla do presidente do goberno deste lugar. Ela dérase á fuga e o seu pai xunto cun exército andaba buscándoa. Así, con esta rapaza conseguirá, por fin, atopar ó seu tío.

Se te paras a ler un pouco por riba das frases desta historia, observarás que fai unha gran crítica ó racismo. E aínda que é un pouco infantil, paréceme moi importante que fale disto, xa que se dirixe a nenos e nenas, que son os que poden chegar a cambiar esta situación de desigualdade do mundo nun futuro.

Persoalmente, a min, non me gustou moito porque o vin, como xa dixen, un pouco infantil. Por esta razón, non o recomendo á xente da miña idade.

Noemi Iglesias