15/06/12

FOMENTAMOS A LECTURA



"Fomentamos a lectura porque cremos nela como un Valor. Ese Valor ausente na nosa sociedade de consumo sen reparos en ser deshonestos cunha soa relixión: o diñeiro.

Cremos na lectura como solución.

Cremos na lectura como viaxe, como multiplicación, como evasión, como interese, como sabedoría.

Cremos na lectura como universo. Como o don da racionalidade, da fantasía, da grandeza, do horizonte sen fin.

Cremos na lectura como CULTURA.

E sobre todo cremos na lectura no noso idioma, na nosa lingua. Porque só defendendo ambas cousas, LINGUA E CULTURA, o noso país terá futuro de seu". 

Desde a biblioteca de Forcarei... 




LER NON É CLANDESTINO

Entrar na biblioteca
momentos de pracer
só con coller un libro
para soñar e ler.
Vencidos por un dragón
doutra civilización
buscando asasinos
que mudan a súa pel.

Unha paixón constante
un romance sen final
do amor ser un cativo
antes de te conquistar.
Son un náufrago no mar
Pantasma ou Supermán
mil seres diferentes                 
todos no mesmo lugar.

Entrar na biblioteca
porque sempre quero ler
viaxar mundo distintos
en barco, nave, avión ou tren.
Bosques, ríos a salvar
de caza ou en alta mar
por selvas e desertos
todo iso agochado está.

Eu son libre: con un libro!
Ti es libre: con un libro!
El é libre: con un libro!
A lectura é ideal!

Entrar na biblioteca
quixera non pensar
a mellor das escollas
para se relaxar.
Unha vida e outras cen
sorrisos de papel
todo iso está nos libros
e logo ti por que non les?

Arríscate: colle un libro!
Aventúrate: colle un libro!           
Anímate: colle un libro!
A lectura é ideal!