31/05/12

DESDE A ALDEA GALA A ROMA

     Abraracúrcix, o xefe da aldea, chega á casa do seu cuñado Homeopátix, coa sua dona e acompañado de Asterix e Obelix. Durante a cea beben, e, canso dos desplantes de Homeopátix, que o trata coma un paleto e lle bota en cara que non sexa rico coma el, Abraracúrcix apostalle que el pode facer algo que Homeopátix non facía con todos os cartos que ten: Facer un guiso de carne coa coroa de loureiros do César.
     Obélix e Astérix van a Roma para conseguir a coroa. Para chegar xunto a César fánse pasar por escravos, pero non son comprados polo emperador, senón por un nobre, Tibius  Figadus, no que traballou outro escravo, Calvorotus, que temendo que lle quiten o posto de home de confianza do amo, os denuncia por conspiración contra o César, e son mandados aos leóns do circo dos que conseguen librarse. Máis tarde encontran a Calvorotus, que traballa como escravo do César, e arrepentido polo que lles fixera lles consigue a coroa do César por outra de fiúnchos.        

24/05/12

Carlos Fuentes
in memoriam

16/05/12

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012

Valentín Paz Andrade foi o personaxe elexido pola maioría dos votos do plenario da Real Academia Galega (RAG) para ser homenaxeado neste Día das Letras Galegas. 

15/05/12

MIRANDO A VIDA CON GAFAS VIOLETA

Carlota é unha rapaza de 14 anos que grazas á súa avoa descobre as inxustizas que a rodean, feitos que xamais imaxinaría. Dende que lle regalaron o diario violeta, a nena pon cada día unhas gafas desta cor para ser capaz de recoñecer a desigualdade social que a rodea. Descobre así que vive nun mundo no que o machismo está tan adaptado que mesmo as mulleres son machistas, o seu propio pai está de acordo que é mellor contratar a unha muller guapa e delgada para un traballo e non a unha gorda e fea; e que pasa? que un home gordo e feo si que pode ser aceptado nun posto de traballo idéntico ao dunha muller? por qué?

14/05/12

CONVIVINDO NO LUZADA

Este libro escrito por Rosa Aneiros narra o transito ao longo da mañá de toda clase de persoas con diferentes intereses e situacións persoais nunha cafetería. Cadaquén coa súa propia historia, co fin de darnos unha visión global da sociedade actual no mundo.
O escenario principal é unha cafetería de Santiago de Compostela, o Luzada, rexentado por Patricia, unha muller que se fixo cargo do local nun momento en que vía inviábel proseguir coa súa formación académica.

No Luzada conflúen unha morea de personaxes que falan de temas en concreto, coma a vellez, a paz, a morte,a integración.

Personaxes coma Eusebio e Lola, os anteriores donos do bar, loitan en soidade contra as dificultades que se derivan da vellez e da perda progresiva de saúde.

A Iqbal, un mozo inglés de orixe paquistaní que marchou de Londres tras os atentados no metro en xullo de 2005 bota horas e horas na cafetería conectado a Internet.

Tamén a señora Filomena, cuxo fillo está en misión humanitaria co exército en Darfur e que sofre ao ver nos xornais os froitos da violencia e da guerra.

Manuel, un neno africano que non superou a morte da súa nai adoptiva e que ten no seu avó a súa principal compañía.

Ademais, aparece unha muller que agarda por unha chamada que non chega, a dos sobriños que intentan entrar en España cruzando o valado da vergoña que separa mundos en Melilla, ou de Aysel, vítima do amor e da indiferenza que Occidente amosa ante a represión do pobo kurdo polo goberno turco.

Pareceume un libro moi interesante, xa que se dan situacións da vida propia. E fainos entender a actualidade que viven moitas persoas e as súas diferentes culturas.

Damián Santamaría

13/05/12

COÑECEMOS A NOSA HISTORIA

Titulo: Febre
Autor: Héctor Carré
Editorial: Fóra de xogo


Resumo: 
O libro fala da guerra civíl, cando estaban os nazis intentando gañar territorios novos.
Fala dunha moza que se revela contra a autoridade do seu pai , trala morte da sua nai que reinvindicaba os dereitos das mulleres. Nesta etapa os homes para gañar diñeiro sacaban volframio das minas, isto era un metal co q se podian fabricar cañons. os Inglese e Alemans peleabanse por el, polo cal este metal volveuse moi valioso. Desta forma a moza empeza a traballar independientemente para sacar diñeiro deste negocio e demostrarlle ao seu pai que se pode gañar a vida ela soiña. Aparte disto crea unha escola para ensinar as mulleres menos favorecidas do pobo.
Todos estos actos van traerlle repercusións, xa que os homes non permiten que faga isto.
E vanlle roubar a mercancía, terá que conseguír recuperala e vendela.

09/05/12

TRAILER


O libro que eu lin desta vez é ''Trailer'', un libro que creo que podedes atopar na biblioteca pero o exemplar que eu lin é de meu irmán e prestoumo. É unha obra de Francisco Alonso, un dos escritores máis coñecidos da nosa literatura e grazas a Trailer, a súa primeira obra, gañou o Premio Blanco Amor en 1991.
O libro sitúanos nun período de tempo comprendido entre o 27 de febreiro e o 1 de marzo de 1991, mentres transcorre a guerra do Golfo. Narra de xeito paralelo a vida nun camión de tres choferes galegos: Lino (que vén de Sevilla), Pepe (que vén de Alacante) e Xenaro (que vén desde Frankfurt).
O 1 de marzo terá lugar preto da Gudiña unha importante festa ao que están convidados moitos colegas do camión, organizada por Falconetti, outro chofer que celebra o seu vinte e cinco aniversario na estrada. Os tres protagonistas intentarán, malia as inclemencias do tempo e as complicacions propias do traballo, chegar a tempo ao convite.
Ademais de aspectos profesionais e mecánicos, a obra fala con profundidade doutros asuntos moito máis profundos e persoais, como as relacións de parella e familiares, os problemas económicos, a fe relixiosa... e son tamén revisados moitos mitos da profesión, como os hostais e puticlubs ou a relación coa
Garda Civil e fálase tamén de traballos anteriores, tanto na propia estrada, con viaxes a Italia, como noutros traballos, como andar embarcado.
Para min foi un libro moi o, Alonso non anda a velas vir e conta todo moi directamente, sen amariconamentos (perdoade a expresión) é iso e o que me gusta do libro, aparte de que reflicte moi ben a vida dos camioneiros no papel, sen dubida un libro que lle recomendaría a calquera.
: 4ºB, Francisco, LER

02/05/12

NON O DUBIDES!

Queredes ler un libro, pero non tedes tempo?
Interésache o tema da informática?
Es un amante da informática?