25/12/12

VIOLETA TAMURANA

Fai uns días acabei de ler o libro do noso club de lectura, Violeta tamurana. Neste, o protagonista, Pao, ten que viaxar dende Tamurana, a terra onde nacen as tamuras, ata ó continente dos Luminosos para atopar o seu tío Cairo, o que, ao xuntarse cos Luminosos e observar as súa cor branca, olvidara por completo as súas raíces e a cor da súa pel, o violeta.


Neste novo continente, Pao aprende un novo idioma e acostúmase ás novas normas. Ademais, dáse de conta de que, alí, os habitantes de Tamurana estaban moi mal vistos e que a súa cor violeta lles daba noxo. Aínda que todo isto era producido por unha droga que o goberno lles daba ós estudantes e a xente nova.

Tamén, nestas novas terras, Pao coñece a Alén, que era a filla do presidente do goberno deste lugar. Ela dérase á fuga e o seu pai xunto cun exército andaba buscándoa. Así, con esta rapaza conseguirá, por fin, atopar ó seu tío.

Se te paras a ler un pouco por riba das frases desta historia, observarás que fai unha gran crítica ó racismo. E aínda que é un pouco infantil, paréceme moi importante que fale disto, xa que se dirixe a nenos e nenas, que son os que poden chegar a cambiar esta situación de desigualdade do mundo nun futuro.

Persoalmente, a min, non me gustou moito porque o vin, como xa dixen, un pouco infantil. Por esta razón, non o recomendo á xente da miña idade.

Noemi Iglesias

28/11/12

ARDALÉN

Ardalén é unha das novidades editoriais máis agardadas da tempada. Da man de El Patito Editorial chega a nova novela gráfica de Miguelanxo Prado, unha historia arredor da memoria e que está a recibir os parabéns dunha crítica que a presenta como unha das obras máis sólidas do autor.

25/11/12

ATA CANDO?


A violencia de xénero é unha cousa que por desgraza afecta a moitas mulleres no mundo e que temos que procurar erradicar entre todos o antes posible, neste ano xa son 65 as vítimas. As agresións e asasinatos de mulleres aparecen a diario nos periódicos, son tan cotiáns que empezan a asumirse como algo inevitable. 
A violencia de xénero inclúe malos tratos, asasinatos no fogar, violacións, acoso sexual, tortura, maltrato sicolóxico e físico...    Decídese celebrar o día 25 de novembro por acordo das participantes do "Encontro feminista latinoamericano e do Caribe" no ano 1981, en Bogotá, en xullo.
Celébrase por esta causa, pero en particular, en homenaxe ás irmás Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, que en 1960 foron asesinadas por orden de Leonidas Trujillo, dictador de República Dominicana.
Pouco a pouco estase empezando a concienciar á xente deste mal social por diferentes vías, como: nos centros educativos, medios de comunicación,proporcionar casas de acollida, pisos tutelados, unidades específicas de atención en comisarías, políticas de discriminación positiva no acceso á vivenda...
Aquí podes ver o meu 1º glog e 2º glog, que falan deste tema.
Noemi Iglesias

22/11/12

O inferno de Marta!

Non é ouro todo o que reluce. NON TE FIES! Querote, amote, non podo estar sin ti, estou celoso porque te quero, deixa as túas amizades por min, deixame mirar as mensaxes do teu teléfono... 
Así empeza o inferno, así empeza O inferno de Marta.

Non, este non é un conto de fadas no cal a princesa encontra o seu principe azul, non é tan sinxelo. Entremos na ralidade, este é un libro trata un caso que estamos fartos de ver día tras día nos telexornais. Mulleres morrendo nas mans das súas parellas.

11/11/12

VINDEIRAS LETRAS GALEGAS!


50+1= xa van 51 anos homenaxeando no Día das Letras Galegas a autores galegos como Roberto Vidal Bolaño.

Roberto Vidal Bolaño (1950-2002, Santiago de Compostela), autor e actor de obras dramáticas, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia, xa foi escollido para ser homenaxeado o Día das Letras Galegas 2013.

10/11/12

Samaín ou Halloween



O Samaín é unha festa de orixe celta na que na noite do 31 de outubro ó 1 de novembro celebrábase o final da tempada de colleitas e o ano novo celta.
Existe unha gran polémica debida á orixe do Samaín e Halloween, pero, en realidade, o Halloween é o que deriva do Samaín. Vou explicar o por qué.

04/11/12

PASAREDES UN BO RATO

Este libro relátanos a investigación que realiza o inspector Leo Caldas sobre o asasinato cometido na illa da Toralla dun músico. Este caso desenvólvese no entorno da cidade de Vigo, concretamente no ambiente nocturno. Durante a súa investigación vese implicado algún personaxe do círculo da alta burguesía viguesa.

Illa da Toralla
É unha novela apasionante, moi entretida e o mesmo tempo mézclase co humor que trata de envolver ó lector. Recoméndovos ler esta novela, xa que pasaredes un bo rato rindo coa forma de ser de Rafael Estévez que foi destinado en Vigo por mor da súa forma de traballar coma policía.

Déixovos cunha curtametraxe feita por uns alumnos do IES Mendiño representando esta novela.


Fernando Costa

01/11/12

No mes de Santos e Defuntos



Neste día de Samaín encóntrome con ganas de contarvos unha lenda sobre a Santa Compaña, unha tradición que permaneceu na cultura tradicional galega polo paso dos séculos e da que aínda quedan rastros, como os cruceiros nos cruces dos camiños. Na mitoloxía popular galega é unha procesión de mortos ou ánimas que pola noite (a partir das doce) percorren camiños e sendas dunha parroquia ou pobo. O fundamental da súa procesión é visitar todas aquelas casas nas que en breve haberá unha defunción. En Galicia coñécese por varios nomes: Estadea, Estantiga, Rolda, As da noite, Pantalla, Avisóns e Pantaruxada.

13/10/12

Mo-Yan. Nobel Made in China

O escritor chino Guan Moye, co pseudónimo de Mo-Yan, que en mandarín significa "non fales" ou "abstente de facer comentarios", acaba de converterse no primeiro autor chino en gañar o premio Nobel en Literatura deste mesmo ano. A Academia Sueca xa recoñece o ascenso de China non só a nivel económico mundial, senón tamén ao social e cultural.

Os seus libros destacan por unha forte critica social inspirada directamente nos pobos que o viron crecer e pasar fame. Mo-Yan pertence a esa xeración pérdida de chinos que tivo que deixar os estudos para traballar nunha fábrica durante a Revolución Cultural (1966-1976) de Mao Zedong.
Algúns dos seus libros como Grandes Peitos, Amplias Cadeiras foron prohibidos polo réxime. O escritor afirma que a súa literatura nace dos silencios da súa voz interna:
"Sinto que escribir é a mañeira máis libre e poderosa de expresarme porque teño moito que dicir. E é tamén a mellor forma de contala miña historia"

10/10/12

Xa está aquí o curso 12/13


NOVOS LIBROS NOVOS PRACERES 
VÉMONOS NA BIBLIOTECA! 
QUE ESTÁS LENDO?... 
ACHÉGATE AO CLUB DE LECTURA !    
HAI NOVIDADES   
DESEÑAMOS XUNTOS O PLAN DE LECTURA 
 ACHEGA AS TÚAS PROPOSTAS  
PARTICIPA! 
XUNTANZAS CON NOVELISTAS? 
 ENCONTROS CON POETAS?  
QUE ACTIVIDADES CHE APETECEN? 
IMOS AO TEATRO?  
CANDO QUEDAMOS PARA ORGANIZAR O CLUB? 

26/06/12

O soño sulagado.


Esta avaliación lín este libro de poemas porque encantame a poesía e quería profundizar máis sobre o autor, xa que todos o estudamos este ano.
Añadir leyenda
Celso Emilio Ferreiro

''O soño sulagado'' é un libro con trinta e dous poemas nos que os seus versos falannos de medo, de represión, de rebeldia ... Se recordamos un pouco o dado en clase, daremonos conta de que cando Celso Emilio escribía era na posguerra. Ou sexa en medio dunha dictadura. Naquel tempo non se podía escribir nada en galego e aínda menos como el o facía.


''Soio cando chegaba ós meus ouvidos
a doce voz de mel da miña vella,
xa non tiña medo.''



''Non me chame ninguén por outros nomes,
alcumes meus en fígoas entrevistos,
escura voz dun soño sulagado.''

Pero nos seus poemas hai moito máis que silenzo e bágoas. Neste libro tamen cultivou a poesía intimista e deixou claro que é un poeta con todalas letras. Gustoume moito lelo por min mesma e descubrir tanto sentimento en cada verso. Fíxome comprender moito mellor como se debe sentir un cando lle quitan, asi sen máis, a súa libertade.
Recomendovolo a todos e asegurovos que vos encantara.


''Os outros edificios.

Os outros funcionarios.

Os outros fiñanceiros.

Os outros ideais.

¡Todo será borralla radiactiva!

(Poema nuclear)




: 4ºB, LER, Marta

23/06/12

XUNTANZA FINAL DO CLUB DE LECTURA




Rematou un curso escolar e con el un novo período do Club de lectura. Mais non o afán por seguir lendo durante o verán. Só cambiamos a reflexión colectiva sobre uns mesmos libros por outra individual na casa, praia, campo…

Os integrantes de Elvilendo xuntámonos para comer e, mentres facíamos a dixestión e poñíamos o blogue a punto, botamos unha ollada ao que fora o club este curso coa intención de facer as cousas mellor o próximo. E chegamos ás seguintes conclusións, despois de escoitar as acertadas propostas que puxemos en común:

21/06/12

Como lemos este ano!

             A min o club de lectura este ano pareceume moi boa idea, gustáronme moito todos os libros que lemos ao longo de todo o curso. O  que máis me gustou foi  "O neno co pixama de raias" e o que menos "O achado do castro". Penso que os cambios que imos facer para o ano que vén vanlle vir moi ben para o club, que o van reforzar  atraendo a máis alumnos que queiran ler e comentar as lecturas.

Candela Alonso García 1ºC

20/06/12

SORPRÉNDETE

Este é un libro que me sorprendeu gratamente.
Dende o primeiro día díxeronos que o leramos sen prexuízos, sen pensar en que non era un libro como os demais e que intentaramos sacar algo del.
Ao telo nas nosas mans  mirámolo por enriba (como facemos con todos), e  no que nos fixamos foi que eran microrrelatos, que algúns non pasaban das tres liñas, e aínda que nos extrañou botamos para diante.

19/06/12

El niño con el pijama de rayas

          A min dos libros do club de lectura que lemos, o que máis me gustou foi o do "El niño con el pijama de rayas", por que a expresión escrita que usa o autor (John Boyne) encántame, é capaz de que os lectores sintan o mesmo e se podan meter tanto nas personaxes, é capaz de que sintamos os seus problemas e as súas alegrías aínda que a personaxe teña cinco anos, por que ao final todos fumos pequenos algún día.


Candela Alonso García  1ºC

18/06/12

Marcos Calveiro: gañador do Premio Merlín 2012


«Lin unha noticia sobre as mulleres suahilis que tiñan que buscar o gran para comer nos formigueiros. De aí naceu ‘Palabras de auga’»
«Palabras de auga» achega aos nenos outra realidade que non existe nos videoxogos»

17/06/12

O ANO QUE VÉN... NON O PERDEMOS

SOMOS DA TROPA DOS PAPALIBROS
NON ESTAMOS SÓS
O noso Lois sempre na vangarda

16/06/12

Por que non nos animamos a representala?



O achado do castro é un libro moi bonito que recomendo que o leades. A obra de teatro como vai, é duns ladróns que queren roubar o medallón do rei.

Por outra parte o fillo do rei queria unha filla dunha raiña. Eles dous levábanse moi mal, odiábanse; pero o mozo (Manolitus) e a máis a moza (Carmiñae) querianse moito e vianse ás escondidas do rei e da raiña e tamén dos seus soldados....

A min gustoume moito e, por iso, animo ás persoas a ir ao club de lectura para ler libros e coñecer fabulosas historias. Gustaríame vela representada.

Alejandro Borja, 1B

15/06/12

FOMENTAMOS A LECTURA



"Fomentamos a lectura porque cremos nela como un Valor. Ese Valor ausente na nosa sociedade de consumo sen reparos en ser deshonestos cunha soa relixión: o diñeiro.

Cremos na lectura como solución.

Cremos na lectura como viaxe, como multiplicación, como evasión, como interese, como sabedoría.

Cremos na lectura como universo. Como o don da racionalidade, da fantasía, da grandeza, do horizonte sen fin.

Cremos na lectura como CULTURA.

E sobre todo cremos na lectura no noso idioma, na nosa lingua. Porque só defendendo ambas cousas, LINGUA E CULTURA, o noso país terá futuro de seu". 

Desde a biblioteca de Forcarei... 


06/06/12

IN MEMORIAM






O escritor norteamericano de ciencia ficción e misterio, Ray Douglas Bradbury, morreu onte aos 91 anos de idade.


Deuse a coñecer polos seus relatos breves de ciencia ficción, que deron lugar á colección de Crónicas Marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451 na que se describe un mundo no que os libros están prohibidos e o pensamento crítico é perseguido.

04/06/12

POUCO FORMAL, INFORMATIVA E FORMATIVA


A actuación musical de Sés foi moi divertida, entretida e aínda que pouco formal, informativa e máis formativa. Aparte de cantar acompañada polo seu guitarrista, Tito José Calviño, nos interalos adicou un tempiño a facer algún monólogo humorístico e a darnos consellos, amosando a súa visión da vida e da sociedade.

03/06/12

HUMOR _FRESCURA_MÚSICA_CRÍTICA SOCIAL

Non sabíamos moi ben o que nos agardaba : SÉS no IES Elviña e, ao final, a actividade foi un éxito. Os integrantes do grupo, María Xosé Silvar e Tito Calviño ofreceron unha actuación musical acompañada de moito humor e frescura, cunha música moderna de varios tipos pero sen deixar atrás ese toque galego que lle damos á nosa música.
Tamén nos presentou os seus ideais mesturados nos seus discursos e nas súas letras que presentaban unha forte e directa crítica social ao Goberno da dereita, o que causou seguramente un impacto atroz de desacordo para algúns e outros que coincidiron totalmente coa opinión do grupo SÉS.
Andrés e Ana 3º B

02/06/12

SEN COMPLEXOS E SEN REPAROS

O pasado xoves 31 de maio os alumnos de 3º e 4º da ESO puidemos disfrutar dunha marabillosa actuación do grupo Sés que conseguiu deixarnos impresionados a todos os que alí estabamos. De feito, ó rematar a súa última canción todos nós pedímoslle outra máis, e antes de irse, eles aceptaron e tocaron outra. Despois diso conseguiron reunir a moitos alumnos ó seu redor pedindo autógrafos e intentando conseguir un minutiño para falar con eles.

01/06/12

SÉS

Hoxe as 12:30 h. galega (ou española, como dín algúns incultos) veunos visitar unha rapaza noviña e simpática que sen dúbida namorounos pola súa forma de expresión.
Fixo que nos desemos conta de que somos galegos non por casualidade senon por sorte, que cando alguén nos gusta o que realmente pensamos é que nos presta e as rapazas, somos como somos, porque queremos e as fadas so aparecen nos contos.

31/05/12

DESDE A ALDEA GALA A ROMA

     Abraracúrcix, o xefe da aldea, chega á casa do seu cuñado Homeopátix, coa sua dona e acompañado de Asterix e Obelix. Durante a cea beben, e, canso dos desplantes de Homeopátix, que o trata coma un paleto e lle bota en cara que non sexa rico coma el, Abraracúrcix apostalle que el pode facer algo que Homeopátix non facía con todos os cartos que ten: Facer un guiso de carne coa coroa de loureiros do César.
     Obélix e Astérix van a Roma para conseguir a coroa. Para chegar xunto a César fánse pasar por escravos, pero non son comprados polo emperador, senón por un nobre, Tibius  Figadus, no que traballou outro escravo, Calvorotus, que temendo que lle quiten o posto de home de confianza do amo, os denuncia por conspiración contra o César, e son mandados aos leóns do circo dos que conseguen librarse. Máis tarde encontran a Calvorotus, que traballa como escravo do César, e arrepentido polo que lles fixera lles consigue a coroa do César por outra de fiúnchos.        

24/05/12

Carlos Fuentes
in memoriam

16/05/12

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012

Valentín Paz Andrade foi o personaxe elexido pola maioría dos votos do plenario da Real Academia Galega (RAG) para ser homenaxeado neste Día das Letras Galegas. 

15/05/12

MIRANDO A VIDA CON GAFAS VIOLETA

Carlota é unha rapaza de 14 anos que grazas á súa avoa descobre as inxustizas que a rodean, feitos que xamais imaxinaría. Dende que lle regalaron o diario violeta, a nena pon cada día unhas gafas desta cor para ser capaz de recoñecer a desigualdade social que a rodea. Descobre así que vive nun mundo no que o machismo está tan adaptado que mesmo as mulleres son machistas, o seu propio pai está de acordo que é mellor contratar a unha muller guapa e delgada para un traballo e non a unha gorda e fea; e que pasa? que un home gordo e feo si que pode ser aceptado nun posto de traballo idéntico ao dunha muller? por qué?

14/05/12

CONVIVINDO NO LUZADA

Este libro escrito por Rosa Aneiros narra o transito ao longo da mañá de toda clase de persoas con diferentes intereses e situacións persoais nunha cafetería. Cadaquén coa súa propia historia, co fin de darnos unha visión global da sociedade actual no mundo.
O escenario principal é unha cafetería de Santiago de Compostela, o Luzada, rexentado por Patricia, unha muller que se fixo cargo do local nun momento en que vía inviábel proseguir coa súa formación académica.

No Luzada conflúen unha morea de personaxes que falan de temas en concreto, coma a vellez, a paz, a morte,a integración.

Personaxes coma Eusebio e Lola, os anteriores donos do bar, loitan en soidade contra as dificultades que se derivan da vellez e da perda progresiva de saúde.

A Iqbal, un mozo inglés de orixe paquistaní que marchou de Londres tras os atentados no metro en xullo de 2005 bota horas e horas na cafetería conectado a Internet.

Tamén a señora Filomena, cuxo fillo está en misión humanitaria co exército en Darfur e que sofre ao ver nos xornais os froitos da violencia e da guerra.

Manuel, un neno africano que non superou a morte da súa nai adoptiva e que ten no seu avó a súa principal compañía.

Ademais, aparece unha muller que agarda por unha chamada que non chega, a dos sobriños que intentan entrar en España cruzando o valado da vergoña que separa mundos en Melilla, ou de Aysel, vítima do amor e da indiferenza que Occidente amosa ante a represión do pobo kurdo polo goberno turco.

Pareceume un libro moi interesante, xa que se dan situacións da vida propia. E fainos entender a actualidade que viven moitas persoas e as súas diferentes culturas.

Damián Santamaría

13/05/12

COÑECEMOS A NOSA HISTORIA

Titulo: Febre
Autor: Héctor Carré
Editorial: Fóra de xogo


Resumo: 
O libro fala da guerra civíl, cando estaban os nazis intentando gañar territorios novos.
Fala dunha moza que se revela contra a autoridade do seu pai , trala morte da sua nai que reinvindicaba os dereitos das mulleres. Nesta etapa os homes para gañar diñeiro sacaban volframio das minas, isto era un metal co q se podian fabricar cañons. os Inglese e Alemans peleabanse por el, polo cal este metal volveuse moi valioso. Desta forma a moza empeza a traballar independientemente para sacar diñeiro deste negocio e demostrarlle ao seu pai que se pode gañar a vida ela soiña. Aparte disto crea unha escola para ensinar as mulleres menos favorecidas do pobo.
Todos estos actos van traerlle repercusións, xa que os homes non permiten que faga isto.
E vanlle roubar a mercancía, terá que conseguír recuperala e vendela.

09/05/12

TRAILER


O libro que eu lin desta vez é ''Trailer'', un libro que creo que podedes atopar na biblioteca pero o exemplar que eu lin é de meu irmán e prestoumo. É unha obra de Francisco Alonso, un dos escritores máis coñecidos da nosa literatura e grazas a Trailer, a súa primeira obra, gañou o Premio Blanco Amor en 1991.
O libro sitúanos nun período de tempo comprendido entre o 27 de febreiro e o 1 de marzo de 1991, mentres transcorre a guerra do Golfo. Narra de xeito paralelo a vida nun camión de tres choferes galegos: Lino (que vén de Sevilla), Pepe (que vén de Alacante) e Xenaro (que vén desde Frankfurt).
O 1 de marzo terá lugar preto da Gudiña unha importante festa ao que están convidados moitos colegas do camión, organizada por Falconetti, outro chofer que celebra o seu vinte e cinco aniversario na estrada. Os tres protagonistas intentarán, malia as inclemencias do tempo e as complicacions propias do traballo, chegar a tempo ao convite.
Ademais de aspectos profesionais e mecánicos, a obra fala con profundidade doutros asuntos moito máis profundos e persoais, como as relacións de parella e familiares, os problemas económicos, a fe relixiosa... e son tamén revisados moitos mitos da profesión, como os hostais e puticlubs ou a relación coa
Garda Civil e fálase tamén de traballos anteriores, tanto na propia estrada, con viaxes a Italia, como noutros traballos, como andar embarcado.
Para min foi un libro moi o, Alonso non anda a velas vir e conta todo moi directamente, sen amariconamentos (perdoade a expresión) é iso e o que me gusta do libro, aparte de que reflicte moi ben a vida dos camioneiros no papel, sen dubida un libro que lle recomendaría a calquera.
: 4ºB, Francisco, LER

02/05/12

NON O DUBIDES!

Queredes ler un libro, pero non tedes tempo?
Interésache o tema da informática?
Es un amante da informática?

26/04/12

Contos para rir


Todo comezou un luns coma outro calquera, mais no momento no que me puxen os calzóns souben que ía ser un día especial. Vale... minto: para min era outra onda neste mar de monotonía. Sen embargo, á quinta hora comprendín que me equivocara, pois cando chegas a unha presentación e o primeiro que che contan do individuo é que non está wikipedificado, entendes que non se trata dalguén normal.